Café de Altamira | Cociña de mercado
17792
page,page-id-17792,page-template-default,ajax_updown,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive

Cociña de mercado

Café de Altamira devolve ao comensal os sabores auténticos e substanciosos da cociña tradicional galega renovada con técnicas e influencias contemporáneas.
 Unha taberna contemporánea situada en pleno Mercado de Abastos de Santiago. Nutrímonos dos mellores produtos frescos da praza para facer unha cociña saborosa, de produto de tempada e con personalidade propia na que destacan os nosos guisos.

Un lugar ideal para saborear a frescura e a todo o sabor dos mellores produtos do mercado, en cada momento do día. O aroma do bo café para comezar o día cun delicioso almorzo con exquisitos doces e salgados e os sabores máis profundos para saciar o padal a mediodía ou á noite.

Os fogóns de Café de Altamira ferven durante horas para extraer toda a substancia. Empregamos produto fresco de máxima calidade recén traído da veciña Praza de Abastos e procesámolo con mimo xuntando a sabedoría herdada da tradición coa innovación e as influencias exóticas. Así combinamos coñecemento técnico e sensibilidade para engadir novos sabores e texturas á cociña de producto e de espírito tabernario.

Riquísimo huevo con alcachofa