Café de Altamira | O restaurante
O resaturante o curro da parra
Santiago, Compostela, Galicia, restaurante, gastrobar, tapas, gastronomía, cociña, galega, tempada, carta, menú, viño, bodega, Curro, Parra, tradición, tradicional, Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Sixty Five, bar, Praza de Abastos, Mercado, Travesas, reservas.
17824
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-17824,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive

Restaurante

Café de Altamira é un espazo perfecto para gozar dos mellores sabores e ambiente en cada momento do día: deliciosos almorzos para comezar a xornada, aperitivos cando o pida o corpo, saborosas comidas e suxerentes ceas nun lugar que tamén invita a gozar dunha boa copa ao caer a noite. A vida bule no Café de Altamira cos ritmos que marcan o veciño mercado e as xentes que transitan as rúas empedradas do corazón de Compostela. O local aséntase nun lugar privilexiado na mesma Praza de Abastos, no que noutro tempo foron os xardíns do conde de Altamira. Hoxe o café ocupa o antigo Pazo de Altamira, no mesmo edificio do hotel ao que da nome.

Á fronte de Café de Altamira está un equipo de cociña marcado pola xuventude pero de trayectoria sólida, que gusta de combinar distintas influencias co mellor da gastronomía galega. O resultado son saborosos pratos cheos de personalidade, que rebordan tradición galega, cualidade e carácter propio, coma a vaixela de Sargadelos na que son servidos, máis tamén un toque de anovamento e experimentación para actualizar os sabores.

Na sala, Alejandro Oubiña encárgase de que todo vaia rodado para que o cliente se sinta como na súa casa, atendido con proximidade e profesionalidade. A cociña é o reino de Alén Tarrío, que dirixe os fogóns 
nos que prepara o producto de mellor calidade da veciña Praza de Abastos. Alí mistura o mellor da gastronomía galega coas novas influencias. O equipo do restaurante traballa en coordinación coa directora do Hotel Pazo de Altamira, para ofrecer aos seus hóspedes unha grande experiencia culinaria. Un equipo novo con gran proxección tanto na cociña e na sala coma na dirección, con profesionais apaixonados, que fan deste local un punto de referencia en cociña de mercado.