Pídenos a túa mesa para comer ou cear en Café de Altamira e chamarémoste para confirmar a reserva. Cóntanos cando vides e se algún de vós ten algún requirimento especial (alerxias, intolerancias, celiaquía, menú vexetariano, vegano…). Adaptámonos ao teu modelo de alimentación dentro das posibilidades da nosa cociña.
O horario da cociña é de luns a sábado de 13.30 a 15.45 e de 20.30 a 23.15 horas. (En verán abrimos todos os días, en inverno pechamos o domingo pola noite e o mércores todo o día.)