08 Xul Cea con cata de Raventós i Blanc en Café de Altamira

O vindeiro martes 12 de xullo, Café de Altamira celebra unha cata-cea combinando os viños espumosos da adega Raventós i Blanc con distintas especialidades da nosa cociña de mercado. José Manuel Ruiz, director de zona da adega, virá ao noso local xunto á Praza de Abastos de Santiago para dirixir a cata.

Esta adega ten unha larguísima traxectoria no mundo vitivinícola: a súa leira de 90 hectáreas de bosques e viñedos en Sant Sadurní d’Anoia (Barcelona) pertenceu á familia Raventós desde 1497, e transmitiuse íntegra de xeración en xeración. En 1872, Josep Raventós Fatjó realiza o primeiro viño espumoso segunda fermentación en botella con uvas desta  leira. Desde entón, todas as xeracións desta familia dedicáronse á elaboración de grandes espumosos.

Fundadores, con Codorniu, da Denominación de Orixe CAVA, en 2012 Raventós i Blanc decide abandonar esta DO. O seu obxectivo é recuperar o nome de Conca do Riu Anoia, en referencia á área do Penedès Oriental onde está a Adega.

A adega aposta por unha viticultura tradicional e respectuosa. Esta filosofía marca uns estándares de calidade moi esixentes: Un 100% de elaboración propia, un mínimo do 80% de uvas propias, viticultura totalmente orgánica e biodinámica, crianza mínima de 18 meses e viñedos dun mínimo de 10 anos de idade, entre outros requisitos.

A cata-cea cos espumosos de Raventós i Blanc comezará ás 21:00 horas do martes, e abrirá cunha charla para coñecer máis a fondo a historia e perspectivas de futuro da adega. O seu prezo é de 20 euros por persoa.